O grupo DOA nace en A Coruña en 1978, sendo fundadores Bernardo Martínez (frauta e percusión) e Xoan Piñón (guitarra, laude, mandolina); con Enrique Ferreira (violonchelo) forman o primeiro formato a trío. Posteriormente coa incorporación de Miro Casabella (voz, cítola e zanfoña) e Xaquín Blanco (gaita e flauta) DOA grava o seu primeiro traballo “O son da estrela escura” en 1979.

Outras formacións posteriores contarán, para os directos e gravacións, con músicos de diversos ámbitos, ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA, REAL FILHARMONIA DE GALICIA, JAZZ, MÚSICA IMPROVISADA, FOLK e ROCK. como Isabel San Juan, Carlos Castro, Baldo Martínez, Rosa Cedrón, Pepe Bordallo, Xavier Jurado, Alfonso Morán, Nora McEvoy, Francisco Luengo, Manuel Varela, Luciano Pérez, Xavier Cedrón, Roberto Grandal, Javier Ferreiro, Oscar Fernández e un longo etc. ver todos os compoñentes en:

http://gl.wikipedia.org/wiki/DOA_(grupo_musical)

Poderíamos considerar ao grupo DOA como un dos referentes dos grupos de Galiza anteriores a decada dos 80. O seu estilo musical, nos primeros tempos, está baseado en xuntar tendencias musicais diversas coa música tradicional e medieval de Galicia, traballando uns arranxos dun xeito persoal heterodoxo. Estas características dan ao grupo unhas formas musicais propias que iranse conformando en anos sucesivos.

Fai numerosas xiras por Galiza, España, EEUU e Canadá dando a coñecer pezas inéditas do Camiño de Santiago, Cantigas de Santa María (Alfonso X O Sabio), Martín Códax e composicións propias baseadas na estructura musical propia de Galicia.

A súa filosofía está baseada en fuxir do autoplaxio e repetición de fórmulas musicais, tamén das presións comerciais que exercen unha excesiva influencia sobre o estilo dos grupos.

DOA utiliza modos de expresión contemporánea, a improvisación como forma de traballo e a mestura de instrumentos populares con tecnoloxías de última xeración.

Poderíamos resumir a filosofía musical de DOA co manifesto do seu primeiro disco “O son da estrela escura”:

“Fisterra, no cabo do Camiño de Santiago, é a Estrela Escura, a derradeira estrela da Vía Láctea. Ata no se sabe canto tempo antes do Cristianismo foi ponto de magnetismo misterioso que fixo chegar as terras de Galiza, moitas e variadas culturas dos pobos indo-europeos. Esto foi semente para el desenrolo dunha música popular, cunha riqueza estilística unica, toda ela nacida de motivacions máxicas. Este traballo é unha pequena antoloxía de pezas tradicionais de diferentes épocas y raíces. Na sua elaboración partimos do estudo das partituras existentes nos distintos cancioneiros. Non nos propuxemos facé-lo dun xeito ortodoxo; máis ben guiados (dunha maneira subxetiva) pola sensibilidade da que é posuidora esta terra”

ENLACES

WIKIPEDIA : https://gl.wikipedia.org/wiki/DOA_(grupo_musical)

VIDEOS e VC : https://www.youtube.com/c/DOAGrupoMusicaldeGalicia/videos

WEB e discografía : http://www.doa-music.com/

FACEBOOK : https://www.facebook.com/DOA.Galicia/

DISCOGRAFÍA

“O son da estrela escura” (1979)

“Polaridade” (1984)

“Perfiles” (1986)

“Arboretum” (2002)

“A fronda dos cervos” (2011). Mellor disco folk 2011, Top 5 (Global Village USA)

CONTRATACIÓN

Susana de Lorenzo

Susana de Lorenzo

Soprano. Profesora de Latín-Grego. Traxectoria defínida pola variedade de repertorio, estreno de obras e recuperación de compositores. Solista: OSG, de Melide, Cámara Galega, Gaos, Real Filharmonía de Galicia, BMC con Sardelli, Ross, Ethéve, Balboa, Represas, Arias, Briones… Solista da Compañía Lírica de Galicia. Membro do grupo DOA. Con Xoan Piñón funda Deusa Tola. Con Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos, recuperan a compositora compostelana Eugenia Osterberger. Soprano nos "Cantos á Natureza" de Neira Vilas, musicados por Durán, Viso, Comesaña, Pereiro e Mendoza. Con Alejo Amoedo estrena obra de compositores galegos nunha intensa recuperación do patrimonio. Con Ares estrena as cancións de López García-Picos. Colabora co grupo de cámara “Old Vienna”. Co artista multimedia Jesús Sú estrena “Krista Cristal”.

Rebeca Maseda

Rebeca Maseda

Natural de Xove (Lugo), comeza os seus estudos de música na Escola Municipal de Música de Mondoñedo. Posteriormente continúa a súa formación en diferentes centros dentro e fóra de España, rematando os seus estudos de máster no Conservatorio della Svizzera Italiana en Lugano (Suiza) cos mestres Klaidi Sahatci e Saiko Sasaki. Foi membro da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España. Colabora con diferentes agrupacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia , Real Filharmonía de Galicia, Ensemble Sonido Extremo, Bambú Ensemble, Spira Mirabilis… É directora artística do seu propio festival de música de cámara, MindoMúsica, en Mondoñedo (Lugo). Ademais colabora co músico e cantautor César Morán e como articulista co xornal A Mariña Xa.

Xoán Piñón

Xoán Piñón

Cofundador de DOA. Premio Honorífico da Música Martín Códax con N.H.U. Instrumentista, compositor, arranxista. Comeza ós I0 anos estudos de guitarra, laúde, solfeo. Posteriormente, violín, frautas/barrocas/Rottenbourg para grabacións/directos de DOA. Masterclass : Jean-Luc Ponty, Martin Taylor, Martin Hayes, Biréli Lagrène. Interpreta Jazz/Bossa, Clásica/Barroca/Renacentista, Improvisada, Folk/ Rock. En I968 grava con ”Generación 49”, primeiro disco música Galega/Instrumental/Electrónica. “Deusa Tola”, Cofundador con Susana de Lorenzo. “Cantigalia” con DOA/Rosa Cedrón. Compón/grava Intro. película “El Bosque Animado” coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia. Bandas/de/son: “El Pequeño Zoo”, “Inxilio” (Madrid), “Troula” (A Coruña). Colaboracións discográficas/directos: “Fonte do Araño” (Emilio Cao), “Alcabre” (Bibiano), “Entre dous Mares” (Rosa Cedrón). Turma Caipira. Licenciado en Medicina.

Fran Castro

Fran Castro

Vocalista, pianista, baixista e percusionista. Recibe clases de música no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e particulares con seu avó, José “Pucho” Portela Fuentes. Estudia Solfeo, Conjunto Coral e Piano. Música moderna en Estudio Escola De Música con Manolo Gutiérrez, Ramón Bermejo ou Suso Atanes. Dous grados de Still Voice. Master Classes con: Mullgrew Miller, James Williams, Jorge Pardo, Mory Kanté, Abraham Laboriel ou Dr. L. Subramaniam. Cursos con: Robert Sussuma, Sheila Jordan e Dean Bowman. Grupos: Strauss, The Death Coast, Mr. Dixie Jazz Band, Silvia Penide, Rumba Oeste, Los Mecánicos, Electric Ladyland, Turma Caipira e DOA. Gravacións con : Strauss, The Death Coast, Silvia Penide, Los Mecánicos, Contos Para Falar, Robert Pier ou Turma Caipira.

 

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

fotografías: DOA