Zoar é un conxunto de cámara estable e activo que traballa dende 2009. Medrou á procura dun estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un fermo compromiso coa nova creación, a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con voluntade de achegar a súa actividade a todos os públicos e a colaboración con outros artistas. Compre destacar proxectos con Monicreques de Kukas, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal ‘Lytos’ no proxecto Windbox. No 2014 foron convidados como solistas á Orquestra Gaos e no 2015 ao VintEnsemble.

O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas, como neste caso Alevi dedeler raki masasinda do compositor e pianista turco Fazil Say, ou The Elephant and the Clown e La Fleur de Cayenne do recoñecido clarinetista Paquito d’Rivera. Ademáis teñen estreadas pezas de compositores como Gabriel Bussi, Juan Durán, José Luis Turina, Patrick van Deurzen así como encargas propias a Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Federico Mosquera, Fernando Buide ou Óscar Navarro.

Teñen actuado nos principais escearios galegos (Teatro Colón, o Teatro Rosalía o Centro Ágora ou o Palacio da Ópera na Coruña, o Teatro Jofre de Ferrol, o Círculo das Artes de Lugo, o Liceo de Ourense, o CGAC e a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) participando en acontecementos culturais da importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, en sucesivas edicións das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, no LVI Festival de la Ópera de A Coruña, no ciclo Enclave de Cámara de Ourense, no Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, no Ciclo de Concertos Benéficos da Real Academia Galega de Belas Artes e nas tempadas das sociedades filarmónicas de Lugo, A Coruña e Vigo. Fóra de Galicia fixeron recitais no Pais Vasco, Cataluña e Portugal. No 2016 foron finalistas aos III Premios ‘Martín Códax’ da Música. Foron convidados conxuntamente como profesores a encontros de orquestras xoves como a Orquestra Clásica de Xove e a Jove Orquestra Nacional de Cataluña así como a diversos cursos de verán. En 2016 presentaron o seu primeiro cedé “No vento” con música de Juan Durán publicado por Ouvirmos. Veñen presentar no 2017 unha doble publicación, de cedé e partituras, coa integral da música do compositor betanceiro Carlos López García-Picos.

 

DOSSIER GALLEGO

CONTRATACIÓN

 

Joan Ibáñez (frauta)

Joan Ibáñez (frauta)

Nacido en Valencia, é frauta coprincipal da Sinfónica de Galicia desde abril de 2009. Graduado no Conservatorio Superior de Música de Valencia, coa profesora Maria Dores Tomás e no Royal College of Music de Londres co profesor Jaime Martín. Colaborou con varias orquestras de ámbito nacional, como a Orquestra da Comunitat Valenciana, a Orquestra de Valencia, a do Principado de Asturias, a Orquestra de Córdoba, a Filarmónica de Gran Canaria e a Orquestra Nacional de España. Como profesor cabe mencionar a súa participación en diferentes encontros da Nova Orquestra Sinfónica de Galicia, Jove Orquestra Nacional de Catalunya, Jove Orquestra Simfònica de Castelló, e a Jove Orquestra da Generalitat Valenciana ademais da súa participación en varios cursos de perfeccionamento impartidos en Galicia e Andalucía.

David Villa (oboe)

David Villa (oboe)

É asistente de principal da Sinfónica de Galicia desde 2009. Iniciou os estudos musicais con Ferran Torrens na Escola de Música de Caldes de Montbui. Seguiunos en Barcelona e Manresa, e graduouse en Musikene con Juan Manuel Lumbreras. E completou os estudos na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” con Dominik Wollenweber. Foi membro da OEMUC, JONDE e Junge Sinfonie Berlin. Colaborou coa Euskadiko Orkestra, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Simfònica del Vallés, Orquesta de la Juventud Venezolana “Simón Bolívar”, Orquestra de Cadaqués e Concertgebouw de Amsterdam. Actou como solista coa Camerata-Potsdam, co Taller Atlántico Contemporáneo, coa Camerata OSG e coa Sinfónica de Galicia. Tamén participou como solista nos festivais contemporánea de Odessa e Astrakhan. Foi invitado como profesor á OJSG, JONC e JONDE.

Antonio Suárez (clarinete)

Antonio Suárez (clarinete)

Profesor de clarinete no Conservatorio de Culleredo. Graduouse no Conservatorio Superior da Coruña con Carlos Cassadó. Perfeccionou os seus estudos con Juan Antonio Ferrer e Vicente Alberola entroutros. Pertenceu á OJSG, á JONDE e á Gustav Mahler Jugendorchester. No 2008 foi invitado ao prestixioso curso Mastercourse Kazuza en Tokio. Colaborou coa Sinfónica de Galicia, coa Sinfónica de Madrid e coa orquestra francesa Les Dissonances. En xullo de 2009 estreou o concerto para clarinete de Óscar Navarro tocando como solista acompañado pola JONDE e en 2011 interpretou o Concerto para clarinete de Mozart en tódalas catedrais galegas xunto á Orquesta Gaos. Ademáis foi profesor invitado aos encontros da Joven Orquesta de Soria e a JONC ao igual que ao Campus da Federación de Bandas de Galicia.

Benjamín Iglesias (trompa)

Benjamín Iglesias (trompa)

Profesor de trompa no Conservatorio Profesional da Coruña. Nos inicios da súa formación xogaron un papel crucial a Banda Municipal de Viveiro e a Orquestra de Clásica de Xove. Influiron moi positivamente nel profesores como José Orentino Sueiro Menor, Delio Represas Carrera e Jose Luis Silva García. Completou os estudos superiores no conservatorio superior de música de Santiago de Compostela. Perfeccionou a su formación con David Bushnell e Rodolfo Epelde. Posteriormente realizó un posgrado en ESMuC con de David B. Thompson. Colaborou coa Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Navarra, Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquestra de Cambra de Menorca, Vertixe Sonora Ensemble e Spira Mirabillis. Como solista actuou coa Orquesta de Clásica de Xove, a Orquesta Gaos e coa OJSG.

Alex Salgueiro (fagot)

Alex Salgueiro (fagot)

É coprincipal da Sinfónica de Galicia desde 2006. Graduado na ESMuC foi membro das novas orquestras de Cataluña, España e Unión Europea, e colaborou con diversos conxuntos profesionais como a OBC, o Liceu, a ORTVE, a Simfònica do Vallès, a Sinfónica de Navarra, a Gulbenkian de Lisboa, a Filarmónica de Gran Canaria ou a Real Filharmonía de Galicia. Actuou como solista coa Orquestra Gaos, o Taller Atlántico Contemporáneo e a OSG. Como docente realizou diversas clases maxistrais en cidades como Lalín, Santiago de Compostela, Vic, Manresa, ou Cádiz e traballou con orquestras novas como a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e a JONC.

GALERÍA DE FOTOS

fotografías: Zoar