Música e memes é un concerto que atende a un deber, para nós, inherente a todo intérprete de música clásica: reivindicar o valor deste xénero na actualidade.

Partindo dunha rigorosa investigación semiótica, nesta proposta o público comprende o sentido musical a través de memes da internet, elementos de comunicación clave na era das redes sociais.

O discurso musical actualizado combínase coa interacción entre público e intérpretes mediante una plataforma web a tempo real, facendo que os asistentes tomen parte activa no que acontece sobre o escenario.

Despois do espectáculo, a reflexión: é a música clásica un xénero tan afastado do mundo actual? Pode esta música responder aos intereses e inquedanzas do público de hoxe en día?

Este achegamento, orixinal, innovador pero non por iso menos rigoroso, combínase con outro elemento que termina por romper tódalas barreiras entre a música clásica e os oíntes: Cunha plataforma en tempo real e a través dos seus smartphone, a audiencia participa e toma decisións activas sobrelo que sucede no escenario. Tras o concerto, ninguén poderá dicir que a clásica está pasada de moda, que non se entende, ou que o ambiente da música clásica é moi serio.

A proposta Música e memes foi seleccionada pola prestixiosa Escola Reina Sofía de Madrid como proxecto emerxente presentado nas IV Xornadas «Emprender e Innovar en la Música Clásica», xunto a nomes de grandes artistas como Juan Pérez Floristán ou Cristina Pato.

Qué pasa se isto de relacionar música clásica con memes… levámolo ao máximo? Esto foi o que lle suxerimos, en marzo de 2022, á compositora ferrolana Sofia Oriana Infante, que escribiu unha peza pensada específicamente para este proxecto e que pretende acabar co recelo cara a outra rama musical moi castigada: a música contemporánea. Esta proposta, por fin, chega para traelo á realidade de hoxe en día, da que todos podemos desfrutar e sacar partido.

DOSSIER GALEGO

CONTRATACIÓN

 

Andrea Vilar

Andrea Vilar

- Premio Extraordinario en Ensinanzas Artísticas Profesionais - Xunta de Galicia (2016) - Grao Superior en Interpretación Clásica e Contemporánea M.H. - ESMUC (2016-2020) - Máster en Investigación Musical - VIU (2020-2021) - Formación con Kennedy Moretti (2020-2021) - Postgrado con András Kemenes - Academia Franz Liszt de Budapest (2021- Actualidad) - Doctorado con Luca Chiantore - Universidade de Aveiro (2022-Actualidad) - Masterclass: • Piano: Malcolm Bilson, Pierre Laurent Aimard, Eldar Nebolsin, Rita Wagner, R. Descalzo, etc. • Música de Cámara: Pascal Moragués, Cuarteto Quiroga, Cuarteto Casals, etc.

Diego Segade

Diego Segade

- Grao Superior en Interpretación, itinerario de viola - CONSMUPA (2004- 2008) - Máster en Interpretación de Música Antigua - UAB/ESMUC (2012-2014) - Grao Superior en Dirección de Orquesta - Conservatorio Superior de A Coruña (2015-2019) - Membro da JONDE (2005-2008) e colaborador de: Orquesta del Principado de Asturias • Orquesta Sinfónica de Tenerife • Orquesta Sinfónica de Gijón, etc. - Profesor no Conservatorio Superior de A Coruña (Actualidad) - Codirector do Festival de Música Clásica Son As Pontes

Antón Seijas

Antón Seijas

- Grao Superior en Interpretación Clásica y Contemporánea. - ESMUC (2018- 2022) - Actual membro de diversas orquestas xoves nacionais: • Joven Orquesta Nacional de Cataluña • Orquesta Joven de Extremadura • Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia • Joven Orquesta de Aragón - Masterclass: • Clarinete: Lorenzo Coppola, Vicente Alberola, Nikita Vaganov, Giovanni Punzi, Carlos Casadó, Juan Ferrer, José Franch-Ballester, Arno Piters, Darío Mariño, etc. • Música de Cámara: Kennedy Moretti, Cuarteto Casals, Cuarteto Gerhard, Júlia Gállego, etc. - Intérprete en El Médico, El Musical (Actualidad)

GALERÍA DE FOTOS

fotografías: Música e memes