Música e memes é un concerto que atende a un deber, para nós, inherente a todo intérprete de música clásica: reivindicar o valor deste xénero na actualidade.

Partindo dunha rigorosa investigación semiótica, nesta proposta o público comprende o sentido musical a través de memes da internet, elementos de comunicación clave na era das redes sociais.

O discurso musical actualizado combínase coa interacción entre público e intérpretes mediante una plataforma web a tempo real, facendo que os asistentes tomen parte activa no que acontece sobre o escenario.

Despois do espectáculo, a reflexión: é a música clásica un xénero tan afastado do mundo actual? Pode esta música responder aos intereses e inquedanzas do público de hoxe en día?

Este achegamento, orixinal, innovador pero non por iso menos rigoroso, combínase con outro elemento que termina por romper tódalas barreiras entre a música clásica e os oíntes: Cunha plataforma en tempo real e a través dos seus smartphone, a audiencia participa e toma decisións activas sobrelo que sucede no escenario. Tras o concerto, ninguén poderá dicir que a clásica está pasada de moda, que non se entende, ou que o ambiente da música clásica é moi serio.

A proposta Música e memes foi seleccionada pola prestixiosa Escola Reina Sofía de Madrid como proxecto emerxente presentado nas IV Xornadas “Emprender e Innovar en la Música Clásica”, xunto a nomes de grandes artistas como Juan Pérez Floristán ou Cristina Pato.

Qué pasa se isto de relacionar música clásica con memes… levámolo ao máximo? Esto foi o que lle suxerimos, en marzo de 2022, á compositora ferrolana Sofia Oriana Infante, que escribiu unha peza pensada específicamente para este proxecto e que pretende acabar co recelo cara a outra rama musical moi castigada: a música contemporánea. Esta proposta, por fin, chega para traelo á realidade de hoxe en día, da que todos podemos desfrutar e sacar partido.

DOSSIER GALEGO

CONTRATACIÓN

 

GALERÍA DE FOTOS

fotografías: Música e memes