Tempo Catro nace como seminario de traballo no ano 2008 para profundar no tango instrumental contemporáneo de Astor Piazzolla.

Tempo Catro está constituido por catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística, con intereses de profundar na renovadora estética tanguera das formacións instrumentais de Astor Piazzola da década dos 70.

A fusión de estilos é o trazo distintivo da súa música, quedando de manifesto no emprego de formas clásicas como os preludios, as fugas e as suites, entre outras, que evolucionan as súas estructuras través de contrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas, contrastadas con románticas melodías e efectos sonoros característicos doutros estilos.

Esta ecléctica mestura de elementos, aparentemente opostos, xeran un equilibro musical que se traduce na conxunción sonora que Astor Piazzolla denominou como Novo Tango.

Tempo Catro está formado por: Suso Iglesias (acrodeón), Javier Cedrón (violín), Andrés Pazos (piano) e Antonio Romero (contrabaixo).

 

DOSSIER ESPAÑOL DOSSIER GALLEGO

CONTRATACIÓN

 

Antonio Romero (contrabaixo)

Antonio Romero (contrabaixo)

Cursou os seus estudos en España, Reino Unido e Italia e ten colaborado con numerosas orquestras sinfónicas de todo o Estado tales como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filarmonía de Galicia, Orquesta de Radio Televisión Española ou Orquesta Sinfónica de Castela e León. Estreou diversas obras orixinais para o instrumento e ten gravado numerosos traballos discográficos de estilos moi variados. Na actualidade, é profesor de contrabaixo e repertorio orquestral no Conservatorio Superior de Música de Castela e León, actividade que compaxina con frecuentes recitais e masterclasses en distintos países tales como Rusia, Italia ou Portugal. Así mesmo, forma parte, dende 2008, do grupo de tangos Tempo Catro.

Javier Cedrón (violín)

Javier Cedrón (violín)

Comeza os seus estudos musicais á idade de 6 anos e con 19 gaña a praza de Profesor de Violín titular no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. En paralelo á súa actividade docente, desenvolve unha ampla actividade concertística que se reparte entre o ámbito da Música Clásica, tradicional e moderna formando parte de numerosas agrupacións e ofrecendo igualmente múltiples colaboracións. Formou parte da Orquestra Municipal da Coruña (1989-91) ou a Orquestra de Cámara Galega (1995-2003), e é concertino da Orquestra Gaos dende a súa fundación. Formou parte do grupo Luar na Lubre, do proxecto de música de raíz “Ball Cans” e da compañía “ Nova Galega de Danza” (2003-2004) no espectáculo “ Alento”. Na actualidade traballa con Rosa Cedrón e forma parte do grupo de Tangos Tempo Catro. Ten realizado colaboracións discográficas con Susana Seivane, Rodrigo Romaní, Uxía, Pepe Vaamonde ou Ces e compartiu escenario con grandes artistas internacionais como Mike Oldfield, Alasdair Fraser, Ainhoa Arteta, Raphael, Il Divo, Nicanor Zabaleta, Altán ou David Grimal.

Andrés Pazos (piano)

Andrés Pazos (piano)

Estuda no conservatorio de Ferrol con Mari Carmen Fanego e continúa no conservatorio de Santiago con Corina Carregado Novoa, Ángel M.ª González Casado e Nicasio Gradaille. Amplía formación cós mestres Cecilio Tieles, Manuel Carra e Lidia Stratulat e formou dúo artístico coa pianista Lucía Bustadad. Na actualidade é membro do cuarteto “Tempo Catro”, labor que compaxina coa docencia no conservatorio Profesional de Música de Ferrol e cos estudos de Jazz na “Escola Estudio” de Santiago de Compostela.

Suso Iglesias (acordeón)

Suso Iglesias (acordeón)

Titulado Superior de Acordeón polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, baixo a dirección do catedrático Tito Marcos Crehuet, completa a súa formación musical con Esteban Algora, Stefan Hussong e Teodoro Anzellotti, entre outros, especializándose en repertorio contemporáneo. Nos últimos 20 anos de traxectoria musical ademáis da faceta pedagóxica, compatibiliza a súa participación en diferentes proxectos, dende a pertenza a Nova Galega de Danza ata a colaboración con artistas como Carmen Rey, Faltriqueira, Anubía, Berrogüetto, Pepe Vaamonde, Cristian Silva, Seso Durán, Rosa Cedrón, Miguel Lamas e en campañas como "E-Logo" de divulgación da música tradicional galega ou “Alén dá Croa” de Quique Peón. Na actualidade é profesor numerario de acordeón no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.

GALERÍA DE FOTOS

fotografías: Tempo Catro (Alfredo Varela audiovisual)